- Editorial:
- RODOLFO E PRISCILA
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Narrativa en gallego
- ISBN:
- 979-13-991705-9-7
- Páginas:
- 156
HORAS AZUIS
DANTAS LOBATO, BRUNA
Unha moza brasileira sepárase por primeira vez da súa nai para ir estudar literatura aos Estados Unidos. As dúas mulleres, unha na cidade de Natal e outra no dormitorio dun frío campus de Vermont, conversan día tras día a través do Skype. Iluminadas polo brillo azul das súas pantallas, procuran o xeito de seguirse acompañando a pesar de estar tan lonxe e constrúen novos rituais de intimidade e coidado. A nai pregúntalle á filla que novidades ten, como é a vida onde ela está. Sospeita que talvez nunca regrese ao apartamento onde sempre viviron xuntas. E a filla fala e escribe a diario nunha lingua que a nai non entende, ve nevar por primeira vez, fai amizade con outras estudantes estranxeiras, preocúpase pola fráxil saúde da nai, polo diñeiro, polo futuro e pola nova versión de si mesma que xorde nese novo lugar que trata de facer seu. Horas azuis é unha novela tenra e perspicaz sobre a relación entre unha nai e unha filla e a experiencia de facerse adulta lonxe da casa. Cunha prosa precisa, delicada e envolvente, Bruna Dantas Lobato explora con extraordinaria lucidez as arestas do desarraigamento e as novas