- Editorial:
- RODOLFO E PRISCILA
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Narrativa en gallego
- ISBN:
- 979-13-991705-7-3
- Páginas:
- 180
CHAO, BICOS
MEIXIDE, CARLOS
Unha muller deixa o seu piso na cidade e instálase temporalmente nun alpendre no campo, lonxe de todo. Mentres a súa vida vai encaixando nun novo lugar, o silencio entre ela e Xavier, un home moito maior con quen, durante unha década, mantivo unha particular relación, convértese no punto de partida dunha longa deriva pola memoria que, lonxe de ser un arquivo ordenado, é un organismo vivo, obsesivo e caprichoso. Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inalterados no noso recordo, un mecanismo que revela, con extraordinaria perspicacia, as dinámicas de dependencia, idealización e poder que atravesan toda historia de amor. A radical exploración da vida interior que a autora xa iniciara cos excepcionais Pond e Checkout 19 continúa en Bico grande, chao, chao arredor de novas preguntas. Q