- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Narrativa en gallego
- ISBN:
- 978-84-1110-875-1
- Páginas:
- 456
A BOCA DO RÍO
PREMIO XERAIS DE NOVELA 2026
LEMA, ALBERTO
Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados.
Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta obra narra, cunha ollada rigorosa e documentada, a proxección e construción do encoro de Belesar, un momento clave do pasado recente, cando Galicia se enfronta á promesa dunha falsa modernización que chega da man dun réxime autoritario e dunha alianza férrea entre o poder político e o económico.
Cun estilo coidado, que combina a precisión histórica cunha prosa viva e sensorial, a novela de Alberto Lema retrata personaxes complexos e cheos de contradicións que visibilizan o entrecruzamento simultáneo da cobiza, a fe, o medo e a lealdade.
«A boca do río» é un relato apaixonante, unha poderosa reflexión literaria sobre o custo humano e social do chamado «milagre franquista» e sobre a fráxil liña que separa a memoria do esquecemento.