As libreiras recomendan...

Que lemos estes días?

Nesta sección, compartiremos contigo as novelas e os álbumes ilustrados que máis nos gustan

para darche ideas de novas lecturas, inspirarte ou axudarche se estás buscando algo novo para ler e non sabes que! 

Alguén ao lado, de Xabier Quiroga

 

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente. Alguén ao lado é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse. 

Bruxas e dragóns 1: Baba Iagá

Neste volumen, o primeiro da colección, quen lé conviertese no protagonista da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, elixir obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.

Cada páxina é unha decisión: coller a espada e combater con dados contra terribles criaturas, ou aventurarse a pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñarás a túa propia historia.