- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Xuvenil
- ISBN:
- 978-84-1110-796-9
- Páxinas:
- 112
GOMA DE BORRAR
G. CANEDA, VALERIA
A través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos.
Unha vivencia que se incuba silenciosamente no corpo e na mente, transformando a identidade da protagonista e alterando a súa percepción do mundo.
Un acto de resistencia literaria que reclama a importancia de nomear, recordar e transformar o trauma en coñecemento compartido.