(G).PUNTO DE ARAÑA.(LITERARIA)

(G).PUNTO DE ARAÑA.(LITERARIA)

PALLARES, NEREA

16,90 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Ano de edición:
2025
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1176-469-8
Páxinas:
154
16,90 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Premio García Barros 2025
Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.
Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as palilleiras ?tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira? acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer.
Punto de araña é unha novela mariñeira e coral, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de redes.

Artículos relacionados