- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA S.L.BS
- Ano de edición:
- 2025
- Materia
- Álbumes ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-407-0
- Páxinas:
- 32
- Colección:
- TRAS OS MONTES
ELMER E AS BALEAS
MCKEE, DAVID
Unha nova aventura do entrañable elefante multicolor, que viaxa ata o mar na procura das baleas. Elmer e o seu curmán Wilbur deciden viaxar río abaixo ata o mar para ver as baleas, tal e como fixera o seu avó Eldo cando era novo. Os simpáticos crocodilos propóñenlles viaxar en balsa polo río, e aos dous elefantes parécelles unha idea fantástica. Mais pronto a súa viaxe se converte nunha aventura moito maior do que esperaban, e encóntranse perdidos no medio do mar... Poderán as baleas axudarlles a volver á terra Máis de 35 anos despois da publicación dos primeiros títulos da serie, Elmer é xa un clásico da LIX contemporánea, coñecido en todo o mundo. Cunhas ilustracións cheas de colorido e co estilo inconfundible de David McKee, esta colección constitúe un recurso imprescindible para primeiros lectores que promove a tolerancia e o respecto polo diferente.