- Editorial:
- EDITORIAL AIRA
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Narrativa
- ISBN:
- 979-13-991007-9-2
- Páxinas:
- 208
COMERÁS FLORES
LUCÍA SOLLA SOBRAL
Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi habitual no tempo de hoxe cunha linguaxe próxima e de gran pegada poética.