- Editorial:
- RODOLFO E PRISCILA
- Ano de edición:
- 2025
- Materia
- Narrativa en galego
- ISBN:
- 978-84-127852-8-9
- Páxinas:
- 92
CAYO HUESO
AMANTEGI, OIHANE
"A tempada de lagostas comeza en Cayo Hueso a principios de agosto. Vén sendo así dende que o mundo e mundo". E sempre é motivo de celebración. Virgil, crítico musical, chega á illa un martes, atraído polo engado dos ritmos sureños. Maudey chega o sábado coa súa banda de jazz para cantar durante as festas. Os dous axiña se coñecen, se desexan e namoran. Ou non, pois é difícil precisar a natureza dun encontro semellante, sensual e fugaz coma os cigarros que arden ao ritmo da respiración dos amantes até consumírense e tornárense cinza. Todo isto cóntanolo un vello capitán digno dunha novela de Hemingway -o autor americano viviu en Cayo Hueso moitos anos da súa vida-, e escríbeo a novelista vasca Oihane Amantegi, quen nos traslada á illa máis meridional do estado de Florida para construír, cun estilo elegante e delicado, unha historia inesquecible que, coma nun soño, nos envolve nunha atmosfera chea de lagostas, papagaios, música de jazz, cervexa fría e fume de cigarros. O gran poeta vasco Joseba Sarrionandia escribiu o prólogo desta sensacional novela da autora de Conto ao carón do río (Rodolfo e Priscila,