BOCAS COSIDAS, AS

BOCAS COSIDAS, AS

ALEIXANDRE, MARILAR

23,40 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Ano de edición:
2025
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1176-416-2
Páxinas:
340
23,40 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas.
A partir destes silencios, a novela reconstrúe a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, ?desbridando a cicatriz?, a través da documentación e mediante a imaxinación, desde a adolescencia en Doña Mencía (Córdoba), á participación nos Fillos da Noite ¬?partisanos entre 1936 e 1939?, aos campos de concentración e á guerra despois da guerra. As feridas herdadas entretécense coas colectivas, as penurias dos xornaleiros, a fame, a represión.
Unha obra onde a prosa de Marilar Aleixandre, co seu lirismo contido, ten a capacidade de dar voz aos ecos do pasado, nunha atmosfera impregnada do peso do silencio e da memoria.

Artículos relacionados