
- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO
- Año de edición:
- 2020
- Materia
- Ciencia y naturaleza
- ISBN:
- 978-84-8487-491-1
- Páginas:
- 536
- Colección:
- COLECCION XERAL
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
UNHA AMBICIOSA PROPOSTA SOCIALISTA, FEMINISTA E ECOLÓXICA
PÉREZ DAVILA, XABIER
A desintegración do chamado bloque socialista facilitou a difusión da propaganda anti-socialista, seguindo dúas liñas argumentais. Socialismo e ditadura van sempre asociados, mentres que capitalismo equivale a democracia. Alén diso, o socialismo provoca sempre un fracaso económico, polo que socialismo é sinónimo de ineficiencia produtiva. En consecuencia, é obrigado avaliar as realizacións, erros e crimes cometidos en nome do socialismo e o tempo desfacer falacias e falsidades que difunden os voceiros do rapaz neoliberalismo globalizado que está fomentando as desigualdades de xeito exponencial, onde os poderosos son cada vez menos e máis ricos e a inmensa maioría do pobo, cada vez máis pobre, e en paralelo destruíndo o noso planeta, a peste vírica que estamos vivindo é unha das consecuencias, deste sistema criminal. Disto vai o libro Socialismo en Europa, que vai debullando a realidade de xeito rigoroso e ameno. Xabier Pérez Dávila, o seu autor é economista e ensinante, e no ano 2016 publicou en Laiovento: ALÉN DA CASTA. Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI