
- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Novela policíaca y novela negra en gallego
- ISBN:
- 978-84-8487-619-9
- Páginas:
- 216
- Colección:
- COLECCION XERAL
SCHLUMPF, ERWIN: HOMICIDIO
O SARXENTO STUDER
FRIEDRICH GLAUSER
O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular.
Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos.
Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da novela de detectives.
En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego, e tamén o recurso ás notas a pé de páxina que axudan a contextualizar a obra.