- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Poesía en gallego
- ISBN:
- 978-84-1110-365-7
- Páginas:
- 136
- Colección:
- POESIA
SALÓN DE TÉ
GÓMEZ, LUPE
Lupe é unha garza elegante que nos convida a tomar té no seu «chanoyu» poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas. Aniñan bubelas nas pastas de améndoa. Lupe le versos de «Salón de Té» e as paisaxes latexan nas cuncas de delicada porcelana. Nesta cerimonia, a beberaxe deliciosa é unha senda líquida que nos une tanto como os terremotos profundos. En cada grolo flúen o asombro e a calma, no máis ínfimo agroma a inmensidade.