GRANDE E PEQUENA

GRANDE E PEQUENA

GRANDE Y PEQUEÑA

ARIANNA SQUILLONI / RAQUEL CATALINA

17,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA S.L.BS
Año de edición:
2025
Materia
Álbumes ilustrados
ISBN:
978-84-1343-414-8
Páginas:
42
17,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

Un conmovedor relato sobre a memoria e o paso do tempo.
Natalia nacera e medrara nunha casiña de campo a carón dun bosque. Cando se deu conta de que lle quedara pequena marchou á cidade, onde gozou dunha vida rica e intensa. Pero co paso do tempo a cidade foise facendo máis grande e ela máis pequena, tanto que aos seus noventa anos, decidiu que era hora de volver á casa. Alí, aínda agardaban por ela novas e inesperadas aventuras. 
O XVIII Premio Internacional Compostela é unha obra que responde perfectamente ao concepto de álbum ilustrado, onde o texto e a ilustración se complementan de forma harmónica. Trátase dunha historia cun sutil fondo poético e de múltiples lecturas, na que Arianna Squilloni aborda o paso do tempo e a memoria, sen deixar de lado outros temas como a natureza ou a arte. Na súa composición narrativa resaltan os silencios, que convidan a reflexionar sobre a viaxe vital da protagonista. 
As ilustracións de Raquel Catalina destacan pola diversidade de enfoques, perspectivas e a secuencia de imaxes, e nelas apréciase un uso contido da paleta cromática, en contraste co tratamento do branco e negro.

Artículos relacionados