- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA S.L.BS
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Crecimiento personal y pedagogía
- ISBN:
- 978-84-1343-229-8
- Páginas:
- 260
COMEZAR POLO NENO
MARIO LODI
Comezar polo neno é un dos libros máis políticos de Mario Lodi, un mestre que creu na innovación educativa, no poder liberador da educación e na democratización da escola. Publicado por vez primeira en 1977, é o texto fundamental da súa actividade pedagóxica e continúa a ser referencia para unha reflexión sobre a relación entre os nenos e a escola. Lodi trasládanos a súa observación atenta sobre o modo de pensar e aprender dos nenos e nenas a partir da aula como lugar de intercambio, formación e confrontación. Defensor dun modelo escolar en que se potencien as capacidades expresivas e creativas do alumnado, estimulando o pensamento reflexivo e os valores democráticos, esta obra servirá de acicate para quen quere seguir traballando por unha ensinanza activa, por unha escola baseada en valores como a solidariedade e a cooperación, na que cada neno e nena poidan desenvolver as súas propias actitudes e intelixencias, así como as súas habilidades expresivas e creativas.