- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Narrativa en gallego
- ISBN:
- 978-84-1176-579-4
- Páginas:
- 238
AS HUMIDADES
TOMÉ, ALBA
A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura. Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza silenciosa, unha complicidade feita de miradas e agarimos, decididas a que non sexa tan doado reinventarse sen asumir as consecuencias. Esta novela esculca no sórdido e no tenro, na crueza e na delicadeza. Un relato poderoso que nos lembra que detrás das portas dunha familia aparentemente común pode agocharse unha violencia invisible e unha forza inesperada disposta a romper o silencio. FINALISTA premio Illa Nova de Narrativa 2025