- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA S.L.BS
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Álbumes ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-226-7
- Páginas:
- 32
- Colección:
- TRAS OS MONTES
A ARAÑA MOI OCUPADA
CARLE, ERIC
O cabalo, a vaca, a ovella... os animais da granxa intentan convencer a araña para que os acompañe. Ela, con todo, continúa ocupada facendo a súa tea ata que atrapa unha mosca...
Unha obra sobre o valor da constancia, o esforzo e o traballo ben feito. Con texto sinxelo, rítmico e fórmulas de repetición, é ideal para ler e escoitar con prelectores e primeiros lectores. Ademais, conta cunha textura no fío de seda que permite seguir a historia co tacto dos dedos.
Eric Carle é un dos grandes autores da creación literaria infantil internacional cunha obra extensísima. Nas súas ilustracións alegres e coloristas destaca, como neste caso, o uso da técnica da colaxe.