- Editorial:
- OQO
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Álbumes ilustrados
- ISBN:
- 978-84-9871-711-2
- Páginas:
- 40
VALENTINA NUNCA CALAS E O MONSTRO DA MEDIA CARA
PITA, CHARO / POURCHET, MARJORIE
A Valentina Nunca Calas os apelidos íanlle coma un traxe a medida: aquela nena nunca nunca calaba. Unha tarde a nai mandouna por un paquete de sal e díxolle: - Non enredes polo camiño. Xa sabes que, en canto cae a noite, o Monstro da Media Cara
Charo Pita, escritora galega cunha longa e contrastada traxectoria profesional no mundo da narración oral, creadora de espectáculos onde a oralidade mestúrase coa música ou o debuxo, constrúe aquí unha poderosa alegación sobre o valor e o poder da palabra para afrontar e superar medos viscerais, esa emoción desacougante e incontrolada que se desata cando o cerebro detecta unha ameaza ou un perigo, real ou imaxinario.
Hai medos comúns a todas as persoas, e moitos outros que afectan só a algunhas delas, segundo a personalidade de cada quen. Neste caso, a protagonista atopa na súa capacidade de expresión un recurso fantástico tamén autobiográfico?- para superar unha mecánica cerebral difícil de controlar, asumindo con sensatez racional, unha situación que non sabemos se é realmente perigosa.