- Editorial:
- OQO
- Año de edición:
- 2014
- Materia
- Álbumes ilustrados
- ISBN:
- 978-84-9871-503-3
- Páginas:
- 40
- Colección:
- O
A VIAXE DAS BOLBORETAS
CARBONELL PENICHET, PAULA
Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do limoeiro.
De camiño unha pulga, unha formiga, unha xoaniña, unha tesoiriña e un grilo deciden acompañalo. Mais, ao chegar ao seu destino, Don Vermiño segue só e aparece unha temible avespa?Paula Carbonell parte de recursos formulísticos propios da tradición oral, como a utilización de estruturas acumulativas e a repetición de acontecementos, que propician e facilitan a memorización do texto. Sobre esta base, crea un conto sinxelo en aparencia pero que ten tamén unha segunda lectura. O percorrido que a eiruga fai da laranxeira ao limoeiro, durante o que se lle van sumando distintos compañeiros de viaxe, acaba sendo unha metáfora da propia vida: a mudanza dun estado cara á outro; a aparición de amigos, ou de inimigos, e conflitos que só se poden superar coa solidariedade e, finalmente, o amor.